A Regata XXVIII Trofeo Príncipe de Asturias convertértese nunha das grandes citas do deporte náutico de Galicia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes Portada
A-
A+
Presentación da competición

Presentación da competición

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, afirmou hoxe que a Regata XXVIII Trofeo Príncipe de Asturias, na que participarán cerca dun centenar de embarcacións, “volverá ser unha das grandes citas do deporte náutico de Galicia”. “Estamos a falar –dixo-, dun referente organizativo das citas deportivas máis relevantes da nosa comunidade e como sempre, e tamén nesta edición, perfecto maridaxe da tradición mariñeira e dos desafíos deportivos do máis alto nivel”

Durante a súa presentación, Lete Lasa amosouse convencido de que a gran novidade deste ano, coa incorporación da clase Maxi Open, dotará incluso de maior vistosidade e exixencia deportiva á competición que se inclúe no Trofeo Presidente da Xunta de Galicia.

O secretario xeral para o Deporte subliñou que a labor dos organizadores, as incomparables condicións da costa galega e a incuestionable tradición náutica, son sempre garantía do mellor dos espectáculos deportivos ligados ao mar. E, asegurou que “unha vez máis volveremos gozar dunhas magníficas xornadas deportivas e dunha perfecta ocasión de promover a nivel nacional e internacional, a nosa náutica de calidade onde, ás perfectas condicións do mar e do litoral hai que sumar un entorno paisaxístico e natural único e incomparable”.

3 de setembro de 2013 | 20:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.