A rede de Centros Cívicos abre o prazo de inscrición das súas actividades

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOurense
A-
A+

Os Centros Cívicos municipais abrirán mañá, xoves día 26 de setembro, o prazo de inscrición nas actividades para adultos que se porán en marcha a partir de outubro. As persoas interesadas en participar nalgunha das actividades poden recoller o formulario de inscrición nos propios Centros Cívicos Municipais de A Cuña, A Ponte, As Termas, Colón e Seixalbo,  na Oficina de Atención ao Cidadán (Praza de Santa Eufemia 6 baixo) ou nas dependencias da concellería de Benestar nsita na rúa Bispo Carrascosa 14, baixo. O prazo de inscrición para as actividades dirixidas a adultos rematará o luns, 30 de setembro. Xunto cos formularios de inscrición, será necesario achegar unha fotocopia do DNI máis un certificado de empadroamento no Concello de Ourense. A documentación será presentada no Rexistro Xeral do Concello (Praza Maior 1, planta baixa) e o sábado pola mañá nas dependencias da Policía Local, na rúa Victoria Kent, 2.

Na solicitude deben figurar as tres actividades seleccionadas por orde de preferencia e o centro cívico onde as desexen realizar, sendo o único requisito que se debe cumprir, estar empadroado no Concello de Ourense.

Todos os cursos son gratuítos e a oferta é a seguinte:

– Centro Cívico de A Ponte (Eulogio Gómez Franqueira, 43): ximnasia, ioga, danza oriental, bailes de salón (nivel inicial e intermedio), iniciación a informática e internet, informática e internet nivel avanzado.

– Centro Cívico As Termas (Praza 200): Ximnasia, danza oriental, bailes de salón (nivel inicial), iniciación a informática e internet e informática e internet nivel avanzado.

– Centro Cívico A Cuña: Ximnasia, danza oriental, bailes de salón (nivel 2 e 3), iniciación a informática e internet, informática e internet nivel avanzado, ofimática.

– Centro Cívico Colón: Chi-kung, bailes de salón (iniciación e nivel 3), danza oriental, iniciación a informática e internet, ofimática e seguridade na rede.

– Centro Cívico de Seixalbo (rúe Estreita, 1): Danza Oriental ou Bolliwood

Os Centros Cívicos permanerán abertos de luns a venres de 8.00h a 15.00h e de 15.30h a 21.30h e os sábados de 10.00h a 14.00h e de 15.30h a 21.30h, no caso de Colón e a Ponte, de luns a venres de 9.30h a 14.00h e de 15.30h a 21.30h e os sábados de 10.00h a 14.00h e de 15.30 a 21.30h, no caso do Centro Cívico da Cuña e de 10.00h a 13.00h e de 16.30h a 20.00 de luns a sábado no Centro Cívico das Termas, na praza 200.

No curso 2012-2013 participaron 1.020 adultos e 251 nenos e nenas durante o curso escolar e 700 alumnos e alumnas nos meses de verán. Ás persoas que participaron nas actividades ofertadas pola Concellería de Benestar Social engádese a presencia de 50-60 persoas ao mes nas salas de lectura e os accesos libres ás aulas de informática que case sempre están completos. A oferta dos Centros Cívicos se completa coa cesión de espazos para colectivos sociais, culturais e veciñais que desenvolven as súas actividades na rede municipal.

Actividades para os máis pequenos e pequenas nos Centros Cívicos

Do mesmo xeito, os pequenos tamén contarán cun amplo abano de actividades pensadas para eles e que se desenvolverán nos centros cívicos ó longo de todo o curso académico. As solicitudes de inscrición, neste caso tamén poden ser presentadas nos mesmos centros nos que se desenvolven as actividades. O prazo de inscrición é máis flexible neste caso podendo anotar ós nenos durante o desenvolvemento das actividades sempre que haxa prazas dispoñibles.

Así, os cativos contarán cun servizo de ludoteca, actividades os sábados e reforzo escolar nos centros cívicos de A Cuña e A Ponte. O centro de Colón ofertará actividades para os máis pequenos os sábados igual que o fará o centro das Termas, no que tamén se suma o servizo de ludoteca de luns a venres.

A ludoteca abrirá as súas portas de luns a venres en horario de 17:30 a 20:00 horas para os pequenos nacidos entre o 2005 e o 2010. As actividades dos sábados, cun horario de 10:30 a 13:00 horas, están dirixidas ós nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria. O reforzo escolar, que se levará a cabo nos centros de A Cuña e A Ponte está destinado ós nenos e nenas de 3º a 6º de Educación Primaria.

 

26 de setembro de 2013 | 16:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.