publicidade hoxe

A programación xuveníl de Culleredo inclúe innovadoras propostas como sacrapbooking ou cursos de condución

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredoLocal
A-
A+

O Concello de Culleredo aposta pola creación dunha programación de actividades específica para os mozos do municipio. Nace así o “Outono Xove”, que oferta unhas 240 prazas nos principais centros de interese dos veciños de 14 a 35 anos de idade para os meses de outubro a decembro.

A Concellaría de Xuventude, que dirixe Juan Carlos Lovelle, estrutura o programa en actividades para a franxa de 18 a 35 anos de idade, por un lado, e nun espazo para os mozos de 14 a 18 anos, polo outro. Desta forma, o goberno local garante que as propostas se adaptan ao máximo as necesidades de todos os mozos.

Para a franxa de 18 a 35 anos, o Concello lanza varias actividades e cursos de tipo creativo:

· Monográficos de Tempo Libre: ideados preferentemente para mozos vinculados ao tempo libre, animadores, educadores ou voluntarios do Concello. Neles poderán ampliar os seus recursos para traballar neste campo. Haberá 5 monográficos: Globoflexia, Manualidades 2.0, Organización dunha ludoteca, Xogos populares e tradicionais e Contacontos.

· Curso de coctelería: preparación e elaboración tanto de coctelería clásica como moderna

· Curso de condución adversa

· Curso de condución segura para motos

Para a franxa de 14 a 18 anos de idade, o goberno de Culleredo lanza actividades os venres, que levan como denominación “Os venres son para ti”. Este espazo, que se desenvolverá no centro social de Fonteculler, contará coas seguintes variedades:

· Taller de sacrapbooking

· Taller de fimo

· Taller de foamy

· Customización de gorras e bolsos

· Zumba

· E breakdance, proximamente

O prazo de preinscrición no “Outono Xove” abriuse hoxe e prolongarase ata o 3 de outubro, no centro de formación Pablo Picasso do Burgo.

25 de setembro de 2013 | 18:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.