A praza María Pita acollerá un concerto de Carlos Jean en outubro
O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Cultura, informa de que o próximo 4 de outubro, o artista ferrolano Carlos Jean, ofrecerá un concerto na praza de María Pita a partir das 22.00 horas.
Este evento forma parte do programa que a Concellaría esta deseñando para celebrar as festas do Rosario, patroa da cidade e pretende continuar coa aposta do Goberno local por ofrecer concertos gratuítos e de calidade os coruñeses e visitantes, neste caso, contando coa colaboración de Coca-Cola.
O músico, compositor, produtor, remesturador, Dj e cantante, chega á Coruña tras máis de 15 anos no mundo artístico e avalado pola súa habilidade para conxugar os diferentes mundos que conforman a música. Para moitos, converteuse nunha das pezas claves para entender o panorama musical do noso país. O artista acaba de poñer música a banda sonora dunha coñecida marca de refrescos e colabora de forma habitual nun exitoso programa de televisión. Ademais, dende esta primavera, conta cun novo traballo, Combustión, o seu sexto disco en solitario.











