A Praza de Galicia vilagarcián acolle a proxección da película “A bicicleta de Pekin”
Os actos da Semana da Mobilidade continúan mañá cunha sesión de cine na rúa. Trátase da película “A bicicleta de Pekín” que proxectará a asociación Arousa en Bici coa colaboración do Instituto Armando Cotarelo Valledor. A sesión desenvolverase na Praza de Galicia a partir das 21:00 horas.
Premio do xurado e Oso de Prata en Berlín
A película dirixida polo taiwanés Wang Xiaoshuai no ano 2001 foi galardoada co gran premio do xurado e o Oso de Prata do festival de Cine de Berlín. O film é un drama que xira en torno ao uso da bicicleta. Nel cóntase a historia de Guiei, un rapaz de 16 anos que abandona o seu pobo natal para ir á cidade de Pekín a traballar nunha empresa de repartidores que lle presta unha bicicleta para realizar o seu traballo. Trátase dunha magnífica mountain bike prateada que poderá ser súa cando teña gañado 600 yens.
Cando Guei case a ten pagada, a bicicleta desaparécelle. Róubanlla na rúa cando está entregando un paquete nunha casa. Sen a súa bici, o rapaz non pode traballar. Desesperado, percorre todo Pekín para encontrala. De pronto, milagrosamente, o seu mellor amigo recoñece a bici montada por Jiam, un estudante que a comprou no rastro. A bici, polo tanto, perténcelle aos dous e terán que aprender a compartila.
Outras actividades da Semana
Ademais, prosegue na explanada do Auditorio o parque de seguridade viaria que funcionará e 17 a 20 horas co obxectivo de que nenos e adultos poidan coñecer as sinais e aprender as normas de circulación tanto montando en bici como de peóns.
E tamén no Parque Miguel Hernández continuará a exposición de vehículos limpos (coches eléctricos) de cinco concesionarios do municipio e de bicicletas, patinetes e motos eléctricas facilitados por dous establecementos da cidaDe.











