publicidade hoxe

A ponte romana de Ponte Maceira verá reposta a súa iluminación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAmesLocalNegreira
A-
A+
Colocación de luminarias

Colocación de luminarias

A ponte romana de Ponte Maceira, situada entre os municipios de Ames e Negreira, contará a partir desta semana cunha nova iluminación, unha vez que rematen as obras de substitución das lámpadas existentes por outras máis modernas e de baixo consumo. Esta mañá, o concelleiro de Vías, Obras e Urbanismo de Ames, Alfredo Taboada, e o alcalde de Negreira, Juan Rey, achegáronse ata a ponte para comprobar o desenvolvemento dos traballos.

As obras de reposición do sistema de iluminación da ponte romana de Ponte Maceira consisten na reposición de 10 balizas empotrables, colocadas na ponte e que se acenden todas as noites. Os operarios da brigada de obras do Concello de Ames están acometendo a colocación dos soportes das lámpadas, das bombillas de baixo consumo e do protector de aceiro inoxidable. En total, investiranse nestes traballos máis de 1.500 euros.

4 de setembro de 2013 | 19:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.