A ponte de Meitufe ábrese de novo ao tráfico rodado
Tras varios meses cortada ao tráfico, dende hoxe restableceuse a circulación vehículos pola ponte de Meitufe, situada na parroquia de Leira. Foi no pasado mes de xaneiro cando a construción, con máis de 35 anos de antigüidade, quedou intransitable tras ceder o terreo sobre a que se asentaba. Dende entón o Concello de Ordes solicitou o seu arranxo en diversas ocasións á empresa Gas Natural Unión Fenosa, propietaria dos terreos e responsable dos viais que transcorren por esta zona ubicada nas inmediacións do encoro de San Cosmade.
Ante a demora na súa reconstrución por parte da empresa enerxética e tendo en conta os enormes inconvintes que esta situación estaba a causar na veciñanza, o Concello de Ordes acordou levar a cabo o seu arranxo do xeito máis inmediato co fin de solucionar o antes posible esta incómosa situación, sin por elo deixar de reclamarlle Gas Natural Unión Fenosa que asuma a súa responsabilidade. Entre os máis afectados encontrábanse os alumnos do CEIP do Mesón do Vento, xa que unha das liñas do seu transporte escolar cubría este itinerario. Neste sentido tamén hai que mencionar aos veciños e veciñas das aldeas máis próximas e a moitos residentes de Mesón do Vento que fan uso desta pista para os seus desprazamentos e de cara á realización de traballos agrícolas nas leiras adxacentes.
Os labores realizados consistiron nunha completa reconstrución da ponte ampliando a súa capacidade grazas á eliminación do seu sistema orixinario consistente nun tubo de chapa metálica (tubo armco). Tamén se construíu un amplo sistema de reforzo de pedra a ambos os lados da ponte que evitará derrubamentos futuros en caso de inundación do rego da Uceira, o cal transita baixo a ponte. Os encargados deste labor tamén realizaron traballos de limpeza e roza das inmediacións da canle fluvial e, por suposto, a rehabilitación do firme para posibilitar o paso de vehículos.











