A Polifónica de Cornazo actúa no ciclo “Voces para un centenario” en Solobeira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVilagarcía de Arousa
A-
A+

O ciclo “Voces para un Centenario” continúa mañá domingo co concerto que protagonizará a Coral Polifónica de Cornazo na igrexa parroquial de San Fiz de Solobeira a partir das 20:00 horas. A Concellería de Cultura organizou este ciclo de música coral dentro dos actos conmemorativos na unión dos municipios de Vilaxoán, Vilagarcía e Carril e 1913. Nove corais participan na iniciativa que consiste na celebración de concertos dominicais en doce igrexas da localidade ata o 1 de decembro.

Dirixida por Marina Penas, a Coral San Pedro de Cornazo, interpretará o domingo un variado repertorio composto por habaneras, zarzuela e música galega. No primeiro apartado ofrecerán “La Golondrina”, de N. Juárez; “Ojos de España”, de Bert Kaempert e “Alma, Corazón y Vida”, de Adrián Flores. Os temas elixidos no xénero de zarzuela son “Ronda de los enamorados” da zarzuela. La del Soto del Parral, de Soutullo e Vert; “Mazurca de las sombrillas”, de Luisa Fernanda, do maestro F. Moreno Torroba; as “Seguidillas” de La verbena de la Paloma, de Tomás Bretón; e a “Habanera”, da zarzuela Don Gil de Alcalá, composta por M. Penella.
Na modalidade de música galega, os de Cornazo cantarán os temas “Baila nena” (Meneo de Vigo); “O voso galo comadre”, de M. Groba e o tema popular “Catro vellos mariñeiros”

Historia da coral

A Coral San Pedro de Cornazo foi fundada por Don Alfonso Lafuente Rego, cura párroco de San Pedro de Cornazo, en abril de 1989. Dita coral creouse co fin de realizar os actos solemnes da parroquia, así como todo tipo de celebracións eucarísticas. Co paso do tempo, a coral empezou a realizar actuacións por toda a comarca do Salnés.

Cabe destacar a súa participación no Festival de Panxoliñas de Caixanova, os actos benéficos realizados para Cáritas interparroquial de Arousa, e o Homenaxe ós Maiores da parroquia de San Pedro de Cornazo, que se levan realizando dende fai máis de 30 años. Outro evento importante foi ó realizado este mesmo ano, con motivo de dúas galas benéficas a favor da AECC, interpretando zarzuela.

O repertorio que interpreta a coral está ligado sobre todo ó relixioso, pero ademais interpretan habaneras, música española, música galega, fragmentos de zarzuela e de ópera.

Ó longo dos seus case 25 anos de existencia, varios foron os directores que estiveron ó fronte desta Coral: Juan Carlos Porto, Don Alfonso Lafuente, Ana Fandiño e Ramón Fandiño. Dende o 2004, Marina Penas é a encargada de dirixir a Coral San Pedro de Cornazo.

28 de setembro de 2013 | 11:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.