A policia local ferrolá comezará unha campaña especial sobre o cinto de seguridade e sistemas de retención infantil
A Xefatura da Policía Local de Ferrol informa hoxe sobre o próximo inicio dunha campaña especial sobre cinto de seguridade e sistemas de retención infantil (SRI), posta en marcha en colaboración coa Dirección General de Tráfico (DGT). A iniciativa será desenvolvida entre o 9 e o 15 de setembro polos axentes locais en diferentes puntos da cidade.
Compre lembrar, que tódolos ocupantes dun vehículo -incluído os menores- deben ir suxeitados cun sistema de retención ou dispositivo de seguridade adecuado. Así mesmo, o airbag dun vehículo non sería eficaz se non se complementa coa utilización dun cinto de seguridade, xa que están pensando para funcionar de maneira conxunta. Algunhas das lesións que pode ocasionar non utilizar o cinto ou que non cumpra os requisitos da normativa son feridas faciais, lesións cerebrais, fracturas craneales ou faciais, ou lesión cerebrais, pulmonares ou oculares.
Así mesmo, os menores que ocupen os asentos traseiros do vehículo deberán utilizar obrigatoriamente un sistema de retención infantil (SRI) adaptado á súa altura e peso, no caso que sexan menores de 12 anos e cunha altura que non alcance os 1,35 metros. Deste xeito, os menores de 12 anos de estatura igual o superior a 1,35 metros poderán utilizar indistintamente un dispositivo de retención homologado adaptado ás súas características ou o cinto de seguridade para adultos.
Cifras e sancións
No que atinxe a cifras, no ano 2011 se produciron en España 83.027 accidentes de circulación con vítimas. Dentro desta cifra de siniestralidade, faleceron 2.060 persoas dentro dos 30 días seguintes ao accidente e115.627 resultaron feridas -11.347 de gravidade e 104.280 con feridas leves-.
Por outra banda, foron 152.298 as persoas sancionadas por non levar o cinto de seguridade ou SRI e 475.956 as que sufriron a perda de puntos durante o ano 2011. Así, no ano 2012, tanto os sancionados por non levar os dispositivos de seguridade adecuados como os que tiveron perda de puntos por esta causa, foron reducidos en torno a un 13% con respecto ao ano anterior.











