A Policía Local de Ferrol inicia unha campaña de prevención e uso de sistemas de retención infantil

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal
A-
A+

A Xefatura da Policía Local de Ferrol inicia hoxe a campaña de prevención e uso dos distintos sistemas de retención infantil. Esta iniciativa forma parte do Plan Anual de Seguridade Viaria do Concello de Ferrol  con motivo do comezo do curso escolar.

Esta campaña de seguridade será realizado en aquelas franxas horarias que concentren un maior número de usuarios, é dicir, nas entradas e saídas dos centros educativos da cidade. Desta maneira, os axentes municipais poderán coñecer o porcentaxe de uso deste dispositivo de seguridade pasiva.

Campaña destinada ao transporte escolar e de menores

A Policía Local tamén informou da continuidade de iniciativas enmarcadas dentro da seguridade viaria infantil. Así, ao finalizar a campaña de prevención e uso dos distintos sistemas de retención infantil, poñerán en funcionamento outra proposta centrada no cumprimento dos requisitos administrativos e condicións técnicas dos vehículos destinados ao transporte escolar e de menores.

12 de setembro de 2013 | 17:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.