A plataforma Proméxico divulgará as oportunidades de negocio en Ourense en diversos eventos
A plataforma gobernamental Proméxico, axencia de investimentos estatal do país americano, divulgará a información sobre as oportunidades de negocio en Ourense en todos os seus eventos e foros de investidores, e recibirá toda a documentación adicional que se comprometeu en solicitar dende as súas delegacións de México DF e Madrid.
O alcalde de Ourense, Agustín Fernández mantivo unha reunión de trabajo,al fronte da delegación do goberno municipal e de representantes de empresarios ourensanos, na sede de Proméxico na capital federal, onde volveu presentar a mensaxe de que Ourense é unha cidade en pleno desenvolvemento termal, con próximos investimentos no sector hostaleiro e termal a punto de ser materializadas, toda vez que se está a completar a expropiación e reordenación de importantes zonas.
Pola súa banda, o delegado de Proméxico, Carlos Fuentes, comprometeuse a iniciar o traballo de prospección de posibles investidores mexicanos nos proxectos da cidade, así como a dar as instrucións pertinentes para que dende a oficina en Madrid se solicite a información necesaria -que confesou ata agora descoñecida- para que a realidade da Capital Termal de Galicia pase a formar parte dos informes de negocio que se presenten aos investidores hostaleiros ourensanos.











