A piscina Rosario Dueñas e o circuíto hidrotermal do Pavillón dos Remedios reábrese o 1 de outubro
A piscina Rosario Dueñas, (50 m.), así coma o circuíto hidrotermal estarán mañá a disposición dos usuarios do Pavillón dos Remedios a partir das 15 h da tarde. Así o confirmou o Consello Municipal de Deportes, que da por concluídas as obras de acondicionamento realizadas.
A actuación consistiu principalmente na substitución do sistema de deshumidificación para resolver problemas de humidade existentes. Así mesmo, levouse a cabo a substitución de cristais, tratamento contra a oxidación, carpintería, suxeción de placas do teito de vestiarios, limpeza de depósitos acumuladores, pintura e reparación de filtracións.
O Consello Municipal de Deportes e o Concello de Ourense solicitan aos veciños desculpas polas posibles molestias ocasionadas, e agradecen a paciencia dos usuarios namentres se mantiveron pechadas as instalacións, que verán melloradas as condicións de uso para os bañistas.











