A piscina municipal da Ramallosa xa conta con 2.500 usuarios
A piscina climatizada da Ramallosa conta xa con 2.500 usuarios reais. Segundo os datos de abonados actualizados neste momento ten 1.081 abonados pagadores, dos que moitos deles sona bonos familiares. En total as persoas abonadas sitúanse en 2.475 persoas, ós que hai que sumarlle 70 cursillistas que non teñen carné.
“Estes datos avalan a importancia deste equipamento e sostenibilidade da instalación dende o punto de vista económico, un dos aspectos máis importante dende a óptica da xestión municipal” explica Anxo Rei, concelleiro de Deportes.
A piscina municipal climatizada da Ramallosa comezou a funcionar no mes de abril polo que este mes de setembro é o primeiro no que se presenta unha oferta de actividade se cursos para todo o ano. Coincidindo co neste inicio de tempada cómpre destacar que a instalación conta cun abono específico para parados cun custe mensual de 12 euros que permite o acceso ás instalación sen xornada de mañá, ata as tres da tarde. Outra novidade respecto ós prezos iniciais da piscina é un cambio no abono familiar, xa que se poderán integrar neste abono os fillos e fillas con idades entre 18 e 25 anos que convivan no domicilio familia re se atopen realizando estudos oficiais ou en situación de paro cun complemento mensual de 8 euros que que engade á cota familiar.
A piscina municipal da Ramallosa conta cunha planta principal de 1.700 metros cadrados. Nesta zona é onde está o elemento principal da instalación, o vaso de 300 metros cadrados. Ademais dos vestiarios, duchas e saunas na planta baixa está un ximnasio de 200 metros cadrados. Esta zona complétase coa recepción, despachos e salas de fisioterapia.
A planta do soto conta cunha pista multideporte e cunha pista de pádel. Tamén ten outra sala de usos múltiples no que xa hai instaladas bicicletas para impartir clases. A parte alta conta con un terceiro espazo polivalente de case 200 metros con vistas á piscina.
A piscina da Ramallosa funciona no horario de inverno de luns a venres de 07:15 a 23:00 horas, os sábados de 09:00 a 14:15 e de 17:00 a 20:15 e os domingos e festivos de 09:00 a 14:15 horas. As piscinas de Teo teñen unha páxina de facebook na que informan da oferta de cursos e horarios de actividades PiscinasTeo.











