A parroquia ordense de Poulo celebra festas na honra á Nosa Señora da Merced
O vindeiro martes día 24 de setembro a parroquia ordense de Poulo acollerá as súas festas patronais na honra á Nosa Señora da Merced. Os actos litúrxicos sucederanse cada hora dende as 10 horas, tendo lugar a misa solemne a partir das 13 horas. A orquestra A Bámbola será a encargada de poñer a nota musical tanto na sesión vermú como na verbena nocturna, momento no que estará acompañada pola orquestra Panorama. Para este día agárdase un gran número de asistentes ao tradicional xantar popular ten lugar nas inmediacións do lugar do festexo e que se celebra ao aire libre.
Xa de cara ao mércores 25 novamente haberá misas a partir das 10 horas que se sucederán cada hora ata o momento da misa solemne, que dará comenzó ás 13 horas. Neste último día de celebración a orquestra Panamá será a encargada de facer bailar a todos tanto na hora do vermú como pola noite.
A organización tamén ten prevista a instalación dunha carpa no caso de que choiva. Para levar a cabo esta popular romería que cada ano congrega a un elevado número de asistentes e participantes, a comisión de festas conta coa colaboración tanto da veciñanza como de firmas comerciais, así coma ca do Concello de Ordes.











