A parroquia mosense de Pereiras celebra as Festas da Virxe do Libramento
Pereiras acolle un ano máis as festas na honra da Virxe do Libramento. Terán lugar esta fin de semana, os días 6, 7, 8 e 9 de setembro.
O venres 6 de setembro a programación comezará cunha gran sardiñada amenizada polo grupo Pel e Pau e o grupo de Pereiras, Ollos Pretos. O sábado. día 7, a tradicional tirada de fogos realizarase ás 14.00 horas, e pola noite amenizarán musicalmente a verbena as orquestras, Canadá e Olympus.
O domingo, día 8, pola mañá ás 10.00 horas fará a súa entrada no torreiro de festas a Banda de Música de Salvaterra co tradicional pasarrúas. De 11.00 horas a 12.00 horas esta banda dará un concerto. Xa pola tarde, ás 19.00 horas, actuará o Grupo Folclórico Nosa Terra. E a partir das 21.00 horas empezará a verbena coa orquestra Gran Casino e o grupo de folk tradicional, Treixadura.
Por último, o luns 9 de setembro ás 10.30 horas da mañá, fará a súa entrada no torreiro de festas a Banda de Música Cultural de Arcade. E a partir das 17.00 horas iniciaranse as tradicionais cucañas para todas as idades, e pola noite, a partir das 22.00 horas, verbena a cargo das orquestras Capitol e América. Ó remate da verbena haberá unha gran queimada para todos os asistentes.











