publicidade hoxe

A parroquia de Rosende, en Sober, celebra esta fin de semana as festas de San Miguel

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalSober
A-
A+

O Concello de Sober colabora coa celebración das Festas de San Miguel que se inician o venres 27 en Rosende e se estenderán ata o domingo 29 de setembro. O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, anima a todos os veciños e veciñas a participar nos primeiros festexos do outono.

Programa

O venres a partir das once da noite haberá disco móbil no Fogar de Rosende. O día 28 ás 10 da mañá terá lugar o pasarrúas a cargo dun grupo de gaitas. De seguido celebrarase a misa solemne, procesión e sesión vermú co grupo Alkar.

Á tarde-noite haberá baile co Grupo Alkar e a charanga Madialeva. Ao remate haberá de novo disco móbil no Fogar de Rosende.

O último día da festa é o 29, domingo, no que haberá unha exhibición de cans de traballo e obediencia a cargo da empresa Touché no Agro do Viñal. A xornada, de carácter gratuíto, terá lugar a partir das as once da mañá. Se as condicións meteorolóxicas son adversas a proba realizarase no pavillón do Colexio Virxe do Carme.

A continuación celebrarase a misa solemne, a sesión vermú e o baile de tarde-noite coa Orquestra Triunfo.

25 de setembro de 2013 | 12:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.