A parroquia de Caión, na Laracha, celebra Os Milagros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA LarachaCalendarioLocal
A-
A+

13092013-12O domingo día 15, finalizan as festas dos Milagros 2013. Coa Misa ás 12 e posterior baixada da Virxe dende a súa Ermida á Igrexa Parroquial acompañada da Banda de Gaitas da Asociación Cultural Bergantiños de Bértoa e misa cantada pola Coral Bergantiños de Carballo na Praza de Caión sobre as 13 horas (á tarde de 5 a 8 misas na Igrexa Parroquial) finalizarán os actos relixiosos. A continuación haberá sesión vermú e ás 22 horas a Verbena coa Orquestra TAMBO, péchanse as festas lúdicas de Los Milagros 2013.

A Asociación Cultural e Deportiva PENA ROYAL como organizadora e o Concello dá Laracha como colaborador, agradecen a todos os veciños, hostaleiros (colaboradores),empresas, Policía Local, Garda Civil, Protección Civil e a título persoal a Don Luis el Párroco, José María Castillo, Jose Cabanas, Dosi Remeseiro, familia Marenor, Marcos Mandión, Vilas, Paco Rey, Toñito Ventureira, etc.., que dunha ou outra forma colaborasen coa organización destas.

13 de setembro de 2013 | 18:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.