A “Operación asfalto” actuará na avenida de Bos Aires cara Monte Porreiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPontevedra
A-
A+

A “Operación asfalto” chega esta semana á avenida de Bos Aires, en distintos reitos comprendidos entre a a ponte dos Tirantes e a rotonda de entrada ao barrio de Monte Porreiro.

As obras comezarán o mercores, 18 de setembro, a partir das 08.30 horas. Terán unha duración de dous días, no que se manterá pechado ao tráfico o carril de entrada á cidade dende Monte Porreiro (entre a rotonda de Monte Porreiro e a Ponte dos Tirantes). Segundo as previsións da Policía Local, as vías de entrada á cidade dende Monte Porreiro serán por Santa Margarida e rúa da Seca; por Leandro del Río Carnota e a avenida da Coruña; e ou polo novo viario de conexión Lérez- Monte Porreiro a través da avenida de Compostela.

A “Operación asfalto” son traballos de conservación e mantemento de distintas rúas do centro urbano para reparar pavimentos en mal estado, quese van deteriorando co paso do tempo, e especialmente, coas copiosas chuvias do pasado inverno. Dentro desta operación xa se realizou o asfaltado de Eduardo Pondal, a glorieta de Alexandre Bóveda, a avenida de Bos Aires, diante do pavillón universitario, Conde Bugallal ou Germán Adrio.

A primeira fase vaise desenvolver entre os meses de setembro e outubro, cando está previsto arranxar dez das trinta rúas incluídas no plan. Tamén está en carteira reparar diversos treitos de Loureiro Crespo, A Santiña, Enrique Marescot e Prudencio Landín. O investimento previsto nesta primeira fase é de 500.000 euros.

16 de setembro de 2013 | 16:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.