A Oficina de Fomento Cooperativo da Comarca de Ordes pon en marcha dous cursos formativos on line
A Oficina de Fomento Cooperativo da Comarca de Ordes, pertencente á rede Eusumo, pon en marcha un dous novos proxectos formativos on line cunha duracón total de 30 horas. O primeiro deles é o curso ‘O emprendemento cooperativo’. Unha iniciativa especialmente dirixida e pensada para persoas desempregadas, emprendedoras, aou ben para aquelas interesadas no funcionamento desta fórmula laboral. Entre os contidos do curso abordaranse aspectos ralacionados coas sociedades cooperativa e o emprego que xeneran, introducción ao cooperativismo, ou cómo poñer en marcha un proxecto desta índole.
A segunda opción é o curso ‘Xestión de cooperativas’, o cal vai dirixido ao persoal técnico dos concellos que realice labores de asesoramento para o emprego, así como ao persoal de xestorías e asesorías que queira coñecer a forma de xestión e organización das cooperativas. A Introdución ao cooperativismo, a vertente empresarial das cooperativas ou a súa xestión serán os mixes centrais do programa de contidos.
O prazo de matrícula para as dúas accións formativas estará aberto até o 30 de setembro. A inscrición é de balde e entregarase un diploma de asistencia a todas aquelas persoas que finalicen con aproveitamento o curso. Cabe ter en conta que no caso do curso ‘Emprendemento cooperativo’ outorgaranse 40 prazas, mentres que no de ‘Xestión de cooperativas’ serán 20. Para elo basta con entrar na plataforma de teleformación e aportar os teus datos persoais http://xeiraformacion.com. Unha vez feito isto o servizo de titorías do curso comunicará a admisión en calquera das dúas opcións nun breve espazo de tempo. No caso de ter que solventar algunha dúbida aos interesados éstes poden dirixirse á Oficina de Fomento Cooperativo da Comarca de Ordes, ubicada nos baixos da Alameda, ou ben a Xeira Consultora S. Coop. Galega, na rúa Mediodía, na vila de Ordes. Tamén se pode chamar aos teléfonos 981 680 002 e 981 680 174, ou ben empregar os correos electrónicos manuel.pena@ordes.dicoruna.es ou formacion@xeiraconsultora.com
Ambas actividades, nas que se poderán participar os habitantes de Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo, contan co financiamento da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e do Fondo Social Europeo.











