A oferta de tempo libre en Ribadumia incorpora a Escola Municipal de Taekwondo
Un grupo de trinta nenos maiores de 5 anos poderán comezar o novo curso a práctica de Taekwondo na Escola Deportiva Municipal de Ribadumia, que se vai desenvolver os venres no ximnasio de Barrantes. Esta escola, xunto coas de Baloncesto, Tenis, Tenis de mesa e Xadrez, teñen aberto o período de inscrición ata o 30 de setembro.
Forman parte dun ambicioso proxecto elaborado pola Concellería de Deportes para promocionar e potenciar o deporte base.
A Escola Municipal de Taekwondo conta coa ensinanza de profesores titulados da Federación Galega que introducen aos nenos nesta forma de defensa. Impartirase tódolos Venres no Ximnasio de Barrantes.
Desde a concellería de Deportes recordan que inda que o período de inscrición para o resto de escolas deportivas rematou o 15 de setembro aínda quedan prazas dispoñibles en Baloncesto, Tenis, Tenis de mesa e Xadrez. Os interesados poden pasar pola casa do Concello de 09:00 a 14:00h.











