A mostra “Labirintos” de Manolo Ledo en Gondomar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBaionaGondomarLocalLocal PortadaNigrán
A-
A+
Calco do petróglifo Pé de mula en Sabaxáns Mondariz

Calco do petróglifo Pé de mula en Sabaxáns Mondariz

O venres 20 de setembro  ás 20:30 horas terá lugar a inauguración da exposición Labirintos , de Manolo Ledo. O traballo será presentado polo arqueólogo Xosé Lois Vilar cunha introdución do artista plástico Fino Lorenzo. O acto terá lugar na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira Nº 10, baixo, Gondomar), sede do IEM.

A mostra Labirinto estará aberta ao público desde este venres 20 de setembro ata o día 8 de novembro  de 2013, de luns a venres no horario de 19 a 21 horas.

Para visitas de centros de ensino, obradoiros de arte ou outros colectivos, fóra de este horario, coordinar a través do correo electrónico oficina@minhor.org , tamén no teléfono 986 360 575 de luns a venres de 18 a 22 horas.

Sobre a exposición o arqueólogo Xosé Lois Vilar afirma: “O Homo sapiens sapiens leva uns 40.000 anos deixando pintadas e gravuras nas rochas ó aire libre e nas paredes das covas. En Galicia temos mostras excepcionais de petróglifos gravados quizais hai máis de catro mil anos que podemos coñecer a través da visita nocturna alumeada, de axeitadas fotografías ou por medio dos calcos que con gusto excepcional realiza Manolo Ledo.

O eixo desta exposición ira ó redor do motivo máis enigmático, o labirinto, figura de complexa execución presente en moitas culturas do planeta sen conexión coñecida. A través destes calcos e da súa eséxese tentamos un achegamento máis ó misterio.”

19 de setembro de 2013 | 12:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.