A mostra de fotografía “Stop ao tráfico de rapaces” chega a Oleiros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOleiros
A-
A+

A Fábrica acolle a mostra fotográfica de Marcos Martínez e Marcos Cenamor. As fotografías, realizadas nos países de Senegal e de Malí, pretenden dar unha visión en positivo de África, de amosar a situación dos menores en países onde a organización Tierra de hombres ten delegación e en base á campaña “Destino incierto”, ver a vulnerabilidade dos menores naqueles países que sofren pobreza extrema, conflitos armados ou outros desastres humanitarios.

Presentarase tamén o libro de Lino Braxe “O botín da miseria”, a beneficio da organización Tierra de hombres, onde o autor traslada unha visión da infancia, dirixida a público infantil e xuvenil e onde se comparan as realidades dos menores en países pobres e países desenvolvidos.

13 de setembro de 2013 | 18:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.