A mesa informativa de drogodependencias atenderá consultas no Cardeal de Monforte

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalMonforte de Lemos
A-
A+

Durante todo o ano dende a UNIDADE ASISTENCIAL DE DROGODEPENDENCIAS, dependente da Concellaría de Sanidade que dirixe Antonino Luaces, se veñen desenvolvendo diversas actuacións preventivas dirixidas cara a mozos, familias, profesionais e cidadáns en xeral, que xiran en torno ás diferentes substancias e condutas aditivas.

Dentro destas actividades o próximo día 10 de Setembro instalarase unha mesa informativa no Cardeal durante a mañá, que ten como obxectivo concienciar á poboación de que existen alternativas saudables ao consumo de estupefacientes e informar sobre os aspectos relacionados coas substancias aditivas, os seus efectos e as súas consecuencias perniciosas para a saúde.

A MESA INFORMATIVA instalarase o 10 de Setembro no Cardeal. Estaremos dende ás 10 h. ata ás 13 h. 30 m.

A mesa estará atendida por persoal da U.A.Drogodependencias que insistirá especialmente nas drogas de maior permisividade social, como son o tabaco, o alcohol e o cannabis, cuxas negativas consecuencias e os danos que producen nos mozos non son valorados suficientemente pola sociedade. Farase fincapé en como o seu consumo leva consigo perda de liberdade e autonomía de decisión.

9 de setembro de 2013 | 16:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.