A mesa de contratación ferrolá fai a proposta de adxudicación para o servizo de comedores escolares

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal
A-
A+

A Mesa Permanente de Contratación do Concello de Ferrol procedeu hoxe a facer a proposta de adxudicación do servizo de catering e do persoal monitor/coidador de comedor escolar para os Centros de Educación Infantil e Primaria (CEIP) do termo municipal á empresa Serunion S.A., logo de analizar as ofertas presentadas polas dúas empresas que concorreron a dito procedemento.  

A contía económica para a prestación do servizo de comedores escolares, que inclúe tanto os menús como o persoal -formado por un monitor e un coidador-, ascende a 415.624 euros (con IVE). Unha vez pechada a proposta de adxudicación, Serunion S.A. terá agora que responder aos requirimentos administrativos pertinentes antes da adxudicación definitiva do contrato.

6 de setembro de 2013 | 18:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.