A mellora dos servizos nas rúas de Cambados tratará de fomentar o comercio local

Cores Tourís na vista a Cambados
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, anunciou en Cambados a concesión da subvención solicitada polo concello para a urbanización e mellora dos servizos na rúa Isabel II, no centro urbano, en confluencia coa praza Ramón Cabanillas. No acto estivo acompañado polo xefe territorial de Economía e Industria, Ignacio Rial, e polo alcalde de Cambados, Luís Aragunde.
A adecuación e mellora dos equipamentos públicos comerciais municipais constitúen un elemento clave para o desenvolvemento do comercio. Para estes efectos, as actuacións desenvolvidas polos concellos no ámbito comercial resultan imprescindibles. É preciso, polo tanto, acondicionar estes espazos ás necesidades, tanto dos comerciantes como dos consumidores, xa que permite consolidar unha forma de comercio de proximidade e a rexeneración dun contorno urbano das vilas e cidades.
En relación á potenciación do comercio local deste municipio, Cores Tourís insistiu no interese da Consellería de Economía e Industria de traballar en pro da revitalización do comercio de proximidade e da creación dunha rede galega de mercados de abastos excelentes.
“Seguindo esta liña de actuación, a Consellería concedeu unha subvención a Cambados encamiñada a humanizar a zona comercial da rúa Isabel II e do seu entorno, para favorecer a eliminación de barreiras e a circulación dos potenciais consumidores, fomentando así as compras no comercio local”, explicou Cores Tourís. O proxecto presentado polo municipio rolda os 40.000 euros, dos cales, o 75% (30.000 euros) será aportado pola administración autonómica.
“Fai tres meses estabamos anunciando a solicitude de esta axuda e hoxe podemos anunciar que contamos cunha subvención da Consellería de Economía e Industria para poder acometer esta obra”, apuntou Aragunde. Entre as melloras que suporá este investimento se atopa o asentamento do adoquinado e dotación de beirarrúas, a instalación de tubarias e sumidoiros para a choiva, habilitación de zonas de carga e descarga, así como dotación de aparcadoiros para discapacitados.
“Mellorar esta zona é moi importante, xa que se trata dun entorno de grande pulo comercial. Non podemos esquecer que conta con mais de 17 locais e establecementos comerciais”, engadiu o alcalde da localidade.
Pola súa banda, o delegado territorial destacou que “a adecuación e mellora dos equipamentos públicos comerciais municipais constitúen un elemento clave para o desenvolvemento do comercio. Para estes efectos, as actua¬cións desenvolvidas polos concellos no ámbito comercial resultan imprescindibles. É preciso, polo tanto, acondicionar estes espazos ás necesidades, tanto dos comerciantes como dos consumidores”, apuntou.
Esta orde de axudas destinará 4,5 millóns de euros a toda Galicia, dos que 1,5 millóns corresponderán a provincia de Pontevedra, “o que significa o 32,5% do total, a provincia de Pontevedra será a máis beneficiada con esta orde de axudas”, destacou o delegado territorial.











