A matrícula do conservatorio profesional elévase ata os 125 alumnos neste curso
O Conservatorio Profesional de Música de Vilagarcía contará no curso 2013/14 cun total de 125 alumnos, 8 máis que os rexistrados o pasado ano. As matrículas repártense entre as 13 especialidades instrumentais que se ofertan no centro municipal no que 51 alumnos cursarán ensinanzas elementais de música e os 74 restantes as de grao profesional. A presentación do curso será o luns, 16 de setembro.
A especialidade con maior demanda e matriculación é una ano máis a de piano, na que se esgotaron as prazas dispoñibles; seguida das de violín e frauta. A lista de especialidades complétase de maior a menor inscrición co clarinete, guitarra, percusión, saxofón, violoncello, gaita, trombón, trompeta, trompa e tuba.
Todos los alumnos do centro dispoñen de unha hora individual de clase de instrumento. No grao elemental terán dúas horas á semana de clase colectivas de Linguaxe Musical e outra de Educación Auditiva e Vocal. No Grao Profesional o sistema é diferente, xa que a lexislación vixente organiza estes estudios en función da especialidade instrumental que se estuda. En calquera caso, mantense a impartición de unha hora de instrumento individual e varían as materias e número de horas semanais de materias complementarias.
O Claustro de profesores do Conservatorio para o curso 2013/14 componse por un total de 16 profesores titulados nas diferentes especialidades instrumentais ou materias teóricas complementarias. Segundo o calendario e horarios realizado pola dirección do Conservatorio en función do número de alumnos e das especialidades a impartir, o centro impartirá est5e curso máis de 215 horas lectivas semanais, o que da unha idea do volume, capacidade e desenvolvemento do Conservatorio de Vilagarcía.
As clases se desenvolveranse de luns a venres nas instalacións do Auditorio Municipal. O inicio oficial do curso será o luns, 16 de setembro, co acto de presentación que se celebrará ás 17:00 horas. Todo o alumnado recibirá previamente un correo electrónico coa información correspondente ao proceso de elección de horarios que se realizará na sesión de presentación desde día.











