A marca Festa do Pulpo espertou un grande interese entre os visitantes á vila carballiñesa
A marca rexistrada Festa do Pulpo, xunto coa mascota oficial o polbo Octavio, que foi presentada o pasado mes de xullo no concello do Carballiño, hai tida unha grande acollida entre os visitantes e veciños da vila. Esta marca rexistrada foi xestionada polo Centro Comercial Aberto da vila do Arenteiro. Máis de 20 asociados deste Centro Comercial Aberto solicitaron produtos cos citados anagramas, e comezaron a comercializalos no mes de agosto. En tan só un mes venderon o 80% dos produtos solicitados, un balance máis que positivo para un produto recén saído.
En concreto solicitáronse cinco produtos distintos cos anagramas oficiais da Festa do Pulpo. Palilleros, cuncas de viño, pratos de polbo, camisetas e chaveiros. Estes dous últimos produtos foron os que máis rápido se venderon, sobre todo entre os visitantes e turista, que agradecían contar con este tipo de regalos e recordatorios para poder levar.
Esa foi un dos principais motivos que animou ao actual grupo de goberno a rexistrar esa marca, así como a mascota oficial. Tal e como sinalaba o propio alcalde Argimiro Marnotes necesitabamos algo que permitise á miles de persoas que nos visitan, levarse un recordo da nosa vila, e da nosa festa. É algo que sucedía en numerosas poboacións e que aquí non estabamos a aproveitar”.
Pola súa banda dende o Centro Comercial Aberto anúnciase que, tras o éxito de vendas do primeiro pedido realizado de marchandising do Polbo, se van realizar novos pedidos, pero sobre todo centrados en épocas e campañas puntuais, como pode ser durante o Nadal, para o Día da Nai ou do Pai e, polo seu posto, para o próximo verán.











