A Maratón BTT “Rota do Presunto” reuniu uns mil participantes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLocalVerín
A-
A+
Participantes na "Rota do Presunto"

Participantes na “Rota do Presunto”

Uns/Unhas mil participantes, procedentes de diferentes localidades de Portugal e España, participaron na novena edición da ‘Rota do Presunto’, que tivo lugar en Chaves o pasado domingo. A iniciativa está organizada anualmente polo BTT Clube de Chaves, coa colaboración da Eurocidade Chaves-Verín e os municipios de Chaves e Verín.

A ‘Rota do Presunto’ é xa un evento deportivo cun grande impacto a nivel nacional de participación dos cidadáns, que no ano anterior contou cunha participación de máis de 700 inscricións.

Os participantes puideron escoller un dos dous percorridos -maratón e media maratón- con distancias aproximadas de 80 e 45 quilómetros, respectivamente. Foron partícipes destes percorridos, rutas e camiños entre Chaves, Oimbra e Verín, con un grao de dificultade física media e alta.

Os acompañantes tampouco foron esquecidos pola organización, que promoveu varias actividades, entre as que se atopaba un paseo guiado de 25 quilómetros.

A Eurocidade Chaves – Verín é un proxecto de cooperación transfronteiriza aprobado no ámbito do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP), coa participación financeira da Unión Europea (co-financiamento FEDER).

19 de setembro de 2013 | 16:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.