A Mancomunidade de Ferrol colabora con Asfedro nun proxecto de prevención de drogas
O alcalde de Ferrol e presidente da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol, José Manuel Rey Varela, presentou hoxe o novo proxecto mancomunado de prevención de drogodependencias. Este programa será realizado pola entidade social Asfedro grazas ao acordo de colaboración asinado co organismo supramunicipal. O primeiro edil ferrolá estivo acompañado polos rexedores que forman a Mancomunidade, ademais da secretaria e do director técnico de Asfedro, Rosario Alabau e Gerardo Sabio, respectivamente.
O programa consistirá en actividades xerais preventivas e educativas, ademais da ampliación dos procedementos e estados de prevención a outras novas demandas actuais. Como novidoso, se desenvolverán escolas de nais e pais, denominadas “Escolas de Saúde”, que se concertarán a través das APAS dos centros educativos e que dará comezo co novo curso escolar. Así mesmo, serán realizadas intervencións preventivas en alumnos de Educación Secundaria incluíndo novos recursos de habilidades sociais, e tamén se incluirán modelos de prevención con menores en risco, co obxectivo da detección precoz de casos problemáticas como de intervir a redución do dano.
Novos problemas aditivos
O Centro de Menores de Ferrol realizará actividades que combinen os dous ámbitos da prevención: os menores afectados e posibles consumidores de drogas, e a formación dos propios educadores. A actividade preventiva estenderase a intervencións en maiores, a través de talleres de consumo responsable de fármacos; e tamén a novos problemas aditivos como pode ser o abuso das novas tecnoloxías.
A achega do organismo supramunicipal para a realización do proxecto de prevención de drogodependencias ascende a 15.000 euros.











