A galega Lúa Piñeiro participará no Open Panamericano de Taekwondo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes Portada
A-
A+

Lúa Piñeiro (-67 quilogramos) viaxou hoxe 18 de setembro en dirección a Querétano (México) para competir no Open Panamericano, da clase G1, no que participarán máis de 2.000 deportistas de todo o mundo.

A galega, que viaxou acompañada polo técnico Jesús Benito, tentará facer un bo papel en un torneo de enorme calidade. Hai que recordar que Lúa competiu no mes de xullo no campionato do mundo e quedou a só un paso das medallas. ). A deportista galega superou os dous primeiros combates, contra durísimas rivais, pero perdeu fronte á representante de China Taipei no asalto ás semifinais (3-2).

Como ven sendo habitual, a Federación Galega de Taekwondo fai un enorme esforzo económico para darlle a oportunidade ás e aos seus deportistas de competir en importantes torneos para así poder seguir medrando na súa formación. O Open Panamericano celebrarase en Querétano entre os días 20 e 22 do presente mes.

18 de setembro de 2013 | 18:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.