publicidade hoxe

A Festa de San Miguel reunirá a máis de 800 veciños de Frades na carballeira de San Nicolau

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioFradesLocal
A-
A+

Máis de 800 veciños e veciñas de Frades participarán este domingo 29 de setembro na tradicional Festa de San Miguel, que terá lugar no entorno da carballeira de San Nicolau (Frades). Unha celebración na que o protagonismo recae nas familias e nos grupos de amigos do municipio, que se achegan a comer ata esta carballeira traendo da casa non só a comida, senón tamén as mesas, as sillas, as tendas de campaña, etc.

A festa comezará ás 11:30 horas na capela coa primeira das misas, sendo ás 13:30 horas a misa solemne, cunha saída en procesión do San Miguel polo entorno da capela. A sesión vermouth correrá a cargo do grupo Estrellamar, que dará paso ao xantar. Os participantes elixirán entre traer eles mesmos a comida da casa ou participar nunha comida organizada por Novas Xeracións nunha carpa na zona e que reunirá a máis de 250 persoas. Un xantar que contará coa presenza do presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, e de alcaldes e concelleiros da comarca de Ordes e municipios cercanos.

A partir das 21:00 horas terá lugar unha gran verbena coas actuacións de Estrellamar, Combo Dominicano e Tania Veiras.

26 de setembro de 2013 | 18:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.