A feira tradicional de Cambre non subirá ao Campo da Feira ata o día 20 por motivos de seguridade
A feira de Cambre non volverá ao seu lugar tradicional ata o día 20 de outubro. Así o confirmou a concelleiro delegada da área de Promoción Económica, Marta Vázquez Golpe, tras reunirse cos feirantes esta mesma tarde. Os feirantes solicitaron que non se suba a feira ata o día 20 de outubro alegando motivos de coordinación entre as diferentes asociacións. Ademais, tamén se deu a coñecer un informe da Policía Local que aconsella que o día 2 de outubro, data na que a feira volvía ao seu lugar de orixe, non é un día idóneo para levar a cabo o cambio de situación pola cantidade de tráfico e de peóns que discorren polo centro de Cambre ao ser un día laboral. Vázquez Golpe decidiu que a feira volva ao seu lugar de orixe o domingo día 20 tal e como aconsellan tanto feirantes coma Policía Local.
Segundo o informe da Policía Local, trasladar o cambio para o día 20 permitirá realizar con maior seguridade un ensaio xeral en canto ao control de tempo nos labores de montaxe e desmontaxe e descarga de mercadorías. Así mesmo, no devandito informe proponse o día 20 porque se “axudará a que os feirantes interioricen as pautas a seguir para próximas feiras, a que horario deben chegar, onde situarse e porqué viais poden acceder, estacionar e retirar os seus vehículos, o que lles axudará a minimizar a incerteza generda polo cambio de situación,”.
Por outro lado, asegura no texto a policía que Ao coincidir o día 2 en día laboral, existe a propia actividade administrativa do concello, o que supón que cheguen ao municipio 70 vehículos particulares, aos que hai que sumar os veciños que acoden a este a realizar trámites. E por se isto fose pouco, sinala que o único acceso escolar ao CIEP Wenceslao Fernández Flórez é por diante da praza do concello, lugar polo que se realizará a entrada de carga e descarga do a feira, e lugar polo que pasan centos de pais e nais coas súas vástezas de camiño ao colexio.
Conclúe o informe afirmando que a proposta se realiza coa finalidade de conseguir que o primeiro día laboral no que se celebre a feira na nova situación a seguridade vial estea garantida, “xa que se terían eliminado importantes factores de risco”.
A edil de Promoción Económica, Marta Vázquez Golpe, asegura que o traballo levado a cabo para licitar a feira tradicional foi complicado porque son moitos os departamentos municipais que tomaron parte neste. Gustaríame ter podido licitar a feira antes, e sei que me comprometín a subila o día 2 de outubro, pero non podo antepoñer a miña palabra á seguridade dos cambreses. Quero pedir desculpas aos comerciantes que esperaban ver os postos de venda o próximo mércores no campo dá feira, pero espero que entendan que debemos garantir a seguridade ante todo e axudar a coordinarse ás distintas asociacións de venda ambulante. O día 20 de outubro poderase realizar o cambio de situación dunha forma máis tranquila e segura para os cambreses”, apuntou.











