A Feira do Moble de Galicia satisfai e fideliza ao público
Cando a XXVII Feira do moble de Galicia, touca practicamente ao seu fin, é o momento de realizar o balance dos datos. O balance por parte da organización é satisfactorio que ve como o evento se consolida edición tras edición e como o público o avala co seu asistencia.La cifra de visitantes se mantivo en canto ao número, ao igual que a edición do ano anterior.
Non é menos certo que, dende o punto das firmas presentes, estas destacan que as especiais circunstancias económicas do momento, se deixaron sentir no que a vendas se refire. O público, é máis remiso a realizar un significativo desembolso económico, se bién tamén destacan que o resultado final da feira hai que analizalo ao longo do ano.
En canto ao resulltado das enquisas: o 84%, di estar “satisfeito” co certame presentado. A valoración do grao de satisfacción, mesmo se ve incrementada pola intención do público de seguir visitando a mostra en próximas edicións. Neste sentido, o 93%, ten intención de regresar en próximas edicións.
Como vén sendo tradicional, os días de maior afluencia de público, coinciden cos dous fins de semana que comprende a mostra.
O certame, conta cunha importante fidelización xa que, o 74% dos asistentes, é público que xa asistira en máis dunha ocasión. O 58%, fíxoo en catro ou máis ocasións. Neste sentido, non é menos destacable, a cota de público que se achegou ao recinto feiral por primeira vez, alcanzando o 26%.
A pesar dos condicionantes económicos do momento, o 61% dos enquisados, manifestou ter realizado algún tipo de transacción económica dentro do propio recinto.
En canto ao impacto socioeconomico no ámbito destacar que o 16% dos enquisados manifesta ter pasado a noite na cidade, o 33% di ter acudido a algún restaurante, o 34%, realizou compras na cidade, o 24%, realizou algún tipo de visita turística ao ámbito e o 53%, fixo uso dalgunha das estacións de servizo ou bares locais.
Visitaron a feira máis de cincocentas persoas pertencentes aos distintos colectivos: Amas de Casa e Mulleres Rurais, Terceira Idade, Discapacitados de Galicia, Centros de formación específicos da madeira e o moble, etc…
O programa de xornadas técnicas, contou cun total de 300 asistentes.
Actuacións artísticas, talleres lúdicos, exposicións interactivas, etc… foron o reforzo dun certame que mantén a expectación edición tras edición.
Deste primeiro balance, despréndese que a Feira do Moble de Galicia, á data, é un referente polas súas características a nivel autonómico. O certame, despues de vinte e sete edicións consecutivas, segue convencendo e seducindo o público.











