A Facultade de Periodismo de Santiago acolle a exposición fotográfica “A enxeñaría industrial na sociedade”

Fotografía gañadora
A sala de exposicións da Facultade de Periodismo da Universidade de Santiago de Compostela acolle a exposición de fotografía “A enxeñaría industrial na sociedade”. Unha mostra organizada pola delegación en Santiago do Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia, en colaboración coa revista galega de enerxía Dínamo Técnica, e que poderá visitarse libremente ata o próximo 11 de outubro.
A exposición recolle as trinta fotografías finalistas da primeira edición do concurso “A enxeñaría industrial na sociedade”, organizado polo Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia e na que participaron un total de 144 fotografías de toda Galicia. As fotografías finalistas poderán visitarse na sala de exposicións/cafetaría da Facultade de Periodismo da USC, situada na Avenida Castelao s/n, de luns a venres en horario de 9:00 a 21:00 horas. A entrada é libre e gratuíta.
A primeira edición do concurso de fotografía “A enxeñaría industrial na sociedade” foi gando polo fotógrafo Johny Santiago Ríos, coa imaxe “Fábrica de Ence en Lourizán”. Un premio que este veciño de Vigo obtivo despois de sumar os votos conseguidos en Facebook, os votos recibidos presencialmente durante as exposicións realizadas nas distintas sedes do Colexio en Galicia e o voto do xurado do certame.











