A Eurocidade Chaves-Verín presente en Termatalia 2013
A Eurocidade Chaves-Verín estará presente, unha nova edición, na Feira Internacional de Turismo Termal ‘Termatalia’, que terá lugar entre o 20 e 22 de setembro en Expourense.
Contará cun stand de 42 metros cadrados, de estética innovadora, que recolle a esencia da oferta termal da Eurocidade, potenciando o seu carácter de destino turístico co personalidade propio. Por este motivo, o eixo de comunicación aséntase en grandes imaxes, cunha forte atracción visual para o visitante, que amosan os diferentes recursos termais do territorio transfronteirizo.
Durante os tres días que dura a feira internacional, técnicos/as dos dous municipios facilitasen información sobre a oferta termal da Eurocidade, así como doutros produtos turísticos deste territorio: Camiño de Santiago ao seu paso pola Eurocidade, aloxamentos, tratamentos termais, gastronomía e actividades realizadas nos dous municipios. Ademais poderán coñecer mellor as accións en curso deste proxecto de cooperación transfronteiriza, o visitante terá a súa disposición persoal especializado das Termas de Chaves: o SPA do Imperador, que o informará das indicacións terapéuticas, técnicas termais e ofertas existentes neste complexo termal.
Por outra banda, na xornada do 20 de setembro e dentro do 8º Encontro Internacional sobre Auga e Termalismo, o coordinador técnico da Eurocidade participará co relatorio “Iniciativas de turismo de fronteira e innovación termal o caso da Eurocidade Chaves-Verín’. Durante o mesmo as diferentes iniciativas postas en funcionamento na Eurocidade, como proxecto Eurorrexión Termal e da Agua que inclúe a creación dun Centro de Formación Turístico Termal e de Investigación de Auga ou a Ruta Termal e de Auga Verín-Chaves-Vidago. Todo co obxecto de potenciar o desenvolvemento territorial, económico e social a través da promoción conxunta dos recursos endóxenos baixo unha mesma marca: a Eurocidade da Auga.
Ademais, o día 21, a Eurocidade Chaves-Verín e a Oficina de Información Turística de Verín promoven, coa colaboración de Termatalia, unha viaxe gratuíta para os membros do Centro Sociocomunitario de Verín, que inclúe unha excursión guiada polos principais recursos turísticos e termais da cidade das Burgas, coa posibilidade de relaxarse nunha das instalacións termais de Ourense, e unha visita á Feira Internacional de Turismo Termal.
E xa na xornada do 22 de setembro, o territorio da Eurocidade acollerá, dentro da actividade Rutas Termais, un fam press trip conformado por 50 persoas de diferentes países e que conta cun amplo programa: Visita a Vidago Palace e Termas de Chaves: o SPA do Imperador, xantar en Chaves, degustación enogastronomica de produtos de Verín e Chaves no Parador de Turismo de Verín e retorno a Ourense.
Tamén se realizará o concurso “Elixe, destapa e gaña coa Eurocidade”, no que nun panel os/as concursantes elixirán unha botella entre cen, e poderán obter sesións de tratamento nas Termas de Chaves, albornoces, toallas ou produtos de mananciais de augas mineromedicinais de Verín. E, durante a feira, os establecementos de Verín e Chaves terán a posibilidade de publicitarse e participar na Bolsa de Contratación que ofrece Termatalia.
A Eurocidade Chaves – Verín é un proxecto de cooperación transfronteiriza aprobado no ámbito do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP), coa participación financeira da Unión Europea (co-financiamento FEDER).











