A Estrada acolle un obradoiro de emprendemento rural sostible

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA EstradaLocal
A-
A+

Os días 11 e 12 de setembro celébrase en A Estrada un obradoiro de emprendemento rural sostible organizado por A Cova da Terra.

A asociación A Cova da Terra, xunto coas ONGD’s Panxea, Sodepaz e Taller de Solidariedade, organizan este obradoiro dentro do programa: De aquí, xusto e ecolóxico. O rural como motor de cambio. O obxectivo de este proxecto é achegar á mocidade as diferentes oportunidades laborais que ofrece o noso rural, a partir de conceptos clave como agroecoloxía, sustentabilidade económica, social e medioambiental, cooperación e soberanía alimentaria.

O obradoiro celebrarase no MOME (Avenida Benito Vigo, 92-baixo, A Estrada) con horario de 16:00 a 21:00. É unha actividade de balde, grazas á colaboración da Dirección Xeral de Relacións Exteriores da Xunta de Galicia e do Concello da Estrada. As prazas son limitadas e é necesaria inscrición previa.

Detállase o programa a continuación:

DÍA 1:

16:00 Presentación

16:30 Relatorio. Por que eco, por que local, por que xusto? 

17:50 Presentación da guía “Como facermos un rural xusto e ecolóxico”

18:00 Receso

18:30 Relatorio: Os recursos locais

19:00 Dinámica: Sementando e madurando iniciativas no rural

DÍA 2:

16:00 Experiencia de éxito convidada

17:00 Dinámica: Viaxe virtual polas experiencias de éxito da guía.

18:00 Partes dun Plan de Empresa

18:30- Receso

18:50 Dinámica: As pedras do camiño, identifica-mos problemas e posibles solucións.

19:40 O modelo cooperativo

20:00 Formas de financiamento alternativas

20:30 Avaliación  

9 de setembro de 2013 | 16:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.