A Escola Municipal Infantil Sorrisos arranca o novo curso

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOrdes
A-
A+

A Escola Infantil Municipal Sorrisos ven de iniciar nestes días o novo curso escolar 2013-14 con total normalidade, cun horario ininterrumpido que vai de 7 a 21 horas. As instalacións mentiveronse pechadas durante o mes de agosto, momento que o Concello de Ordes aprobeitou para realizar unha serie de traballos de mellora e mantemento co fin de ofrecer o mellor servizo a todos os seus usuarios.

En total este ano oficializaron a súa matrícula 6 nenos e nenas de 0 a 1 ano, 30 alumnos de 1 a 2 anos de idade, máis outros 42 de 2 a 3 anos. Para todos eles cóntase cun equipo formado por 1 directora, 5 educadoras e 2 membros de persoal de apoio. A todos eles hai que engadir outra persoa no servizo de cociñaoree unha máis ara labores de  limpeza. Cabe destacar todos os  programas educativos que se desenvolverán, como son os de aproximación ao inglés, de educación viaria, o de animación á lectura, ou a biblioteca con préstamo de libros. Tamén se prestará unha especial atención a diversas campañas solidarias e á Escola de nais e pais onde se poderán intercambiar experiencias e compartir información de forma periódica durante todo o  curso escolar, con contidos variados que van dende consellos para quitar o cueiro a cómo elixir os xoguetes máis adecuados para cada rapaz ou rapaza. Al que en edicións anteriores este ano a Escola Infantil Municipal Sorrisos participará unha vez máis no proxecto Voz Natura.

O persoal especializado que traballa na escola organizou o calendario deste curso por semanas temáticas. Así, tras o periodo de adaptación, comenzarase a impartir e traballar coñecementos en áreas tan diversas como a vendimia, as estacións do ano, os animais, a familia, os sentidos, os experimentos científicos, a infancia, a música, os xoguetes, os dereitos humanos, a reciclaxe, a astronomía, a paz, a educación ambiental, os transportes, a nutrición, o corpo humano, a nosa cidade, as profesións, a auga e as árbores, a primavera e a horta, os animais domésticos, a tradición de Pascua, os libros, a seguridade viaria, o circo, flora e fauna autóctona, os animais salvaxes, os ritmos do mundo, as letras galegas, os animais mariños, etc.

Por suposto tamén haberá tempo para as festas e celebracións. Durante o primeiro trimestre están programadas unha vendima, o día dos animais (4 outubro),  o magosto e o Samaín (31 de outubro), o día da infancia, o día dos dereitos humanos (10 decembro) e a festa de Nadal. No segundo trimestre será o turno para o Dia da Educación Ambiental (27 de xaneiro), o Día da Paz (30 de xaneiro), o Entroido (28 de febreiro), o Día do Pai (19 de marzo), o Día das Árbores (21 de marzo) e o Día da Auga ( 24 de marzo). Xa nos últimos tres meses celebrarase  o Día da Terra (22 de abril), o Día do Libro (23 de abril), o Día da Seguridade Viaria (28 de abril), o  Día da Nai ( primeiro domingo de maio), o Día dos Maios e as Letras Galegas.(16 de maio), o Día do Medio Ambiente (5 de xuño), o  Día do Sol (23 de xuño) e a gran festa de final de curso.

4 de setembro de 2013 | 19:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.