A Escola Municipal de Artes Escénicas ofrecerá cursos de teatro en inglés para alumnos de ata 18 anos
A Escola Municipal de Artes Escénicas, dependente da Concellería de Educación do Concello de Ourense, amplía a súa oferta de actividades con novos cursos de teatro en inglés para alumnos de 12 a 18 anos.
Trala experiencia exitosa dos cursos de teatro en inglés desenvoltos durante este verán, o Concello daralle continuidade a esta proposta durante o curso 2013/2014, ampliando así a súa oferta de actividades, con grupos de teatro para alumnos de tódalas idades.
O curso está dirixido a alumnos de 12 a 18 anos, comezará no mes de outubro e se desenvolverá os martes e xoves, de 19.00 a 20.30 horas nas dependencias da Escola Municipal de Artes Escénicas, na rúa da Canle. A actividade proporcionará aos participantes un método dínámico para practicar inglés mellorando a pronunciación e expresión linguística nun ámbito divertido e relaxado.
Os interesados poden inscribirse na Concellería de Educación, na Praza de San Martiño.











