A Escola de Música Municipal de Xove presenta o novo curso 2013-14
Esta presentación vai desenvolverse o xoves 26 e setembro, na sede da Escola no antigo Colexio de Palmeiro, a partires das 19:00 horas. Na mesma cóntase coa presenza do alcalde Demetrio Salgueiro, a concelleira Dolores Meitín, a directora da Escola Xulia Nogueira, e tamén algún dos profesores. Tamén están invitados a esta presentación tódolos alumnos da mesma e os seus pais e familiares.