A Domus acollerá obradoiros de cerámica e escritura antiga para maiores
O Concello da Coruña, a través da área de Cultura que dirixe Ana Fernández, informa de que o mañá, martes 1 de outubro, se abre o prazo de inscrición para dous novos talleres da Domus.
Con motivo da exposición temporal “La otra cara de la vida”, sobre a cultura e os rituais funerarios dende o Paleolítico ata a actualidade, e dada a boa acollida do primeiro taller celebrado, a Domus organiza dous novos talleres dirixidos a persoas maiores o 22 e 23 de outubro, ás 17.30 horas.
A actividade comezará cunha visita guiada a cargo do historiador e comisario da exposición, Josep Marés, e continuará cun taller de arqueoloxía experimental en torno á cerámica e escritura na cultura ibérica.
Para participar hai que inscribirse a partir do 1 de outubro chamando ao teléfono 981 189 840, de 09.00 a 19.00 horas. A actividade é gratuíta.











