A D.O. Ribeiro e o xamón ibérico de Landra combinan a súa calidade nunha innovadora cata-degustación

Cata vitivinícola
A Denominación de Orixe Ribeiro presentouse a través de varios viños brancos de garda, das colleitas 2008, 2009 e 2010 harmonizados con xamón ibérico de landra das diferentes D.D.O.O. de España no evento Tentación Ibérica celebrado onte no Hotel Puerta del Camino de Santiago de Compostela.
O director técnico do C.R.D.O. Ribeiro, Pablo Vidal, foi o encargado de introducir os viños brancos en harmonía cos xamóns ibéricos, potenciando sabores e ensalzando aromas, aos máis de 45 asistentes á cata-degustación, na súa maioría profesionais do sector hostaleiro compostelán. Pola súa banda, o xornalista gastronómico David Fernández-Prada, foi o encargado de facer a presentación desta interesante degustación.
A actividade, cunha duración dunha hora, tiña un dobre obxectivo, amosar a capacidade de garda dos viños brancos do Ribeiro elaborados con variedades autóctonas, así como de mostrar a perfecta harmonía que hai entre os xamóns ibéricos de landra cos viños do Ribeiro de garda.
Tentación Ibérica
Por primeira vez en Galicia, celébrase este evento que combina diferentes marcas de xamón ibérico xunto con viños de diferentes denominacións de orixe españolas. A asistencia de profesionais superou os 500 visitantes, nun acto que se celebrou onte en horario de 17.00 a 21.00 horas.











