A Compañía Marañao Teatro porá en escea a súa montaxe ” Ópera Pánica” en Ferrol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioFerrolLocal
A-
A+

13092013-15O vindeiro domingo 15 de Setembro de 2013, dentro da Programación do Ciclo de Teatro Afeccionado Domingos a Escena de Ferrol, a Compañía Marañao Teatro porá en escea a súa montaxe ” Ópera Pánica”.

SINOPSE

A crítica á razón pura. Un himno ao talento tolo. A ambivalencia do real, a profunda ambigüidade da aparencia. A confusión e o azar no destino de homes e mulleres en vilo pola obsesión e a xenialidade. Todo un  rexeitamento á seriedade e unha aposta clara e sinxela pola arte de vivir. Todo e nada nun cóctel de trangalladas razoables. A tolemia dos cordos ou a cordura dos tolos… Unha ópera transformada en cabaré… un drama transformado en comedia… a vida transformada en ficción.

Ópera Pánica (Cabaret Tráxico) é unha viaxe polo mundo das sensacións e os sentimentos desde o punto de vista da irracionalidade. Convivir coa tolemia dunha forma natural deixando en cada escena unha dúbida razoable para que o espectador síntase partícipe do que se está contando. Esta peza emprega o humor coma arma de dobre fío para tentar escarvar un pouco máis profundo no interior da psique humana e, deixando como lembranza un sorriso, enchernos de preguntas sen resposta e de respostas sen preguntas.

REPARTO

Iago López, Beatriz Iglesias. Luis Pequeno. Rebeca Ramos, Cristina Mangana, María Ramos, Miriam Cid, Oscar Gómez. Alex Hermida

DIRECCIÓN

Fermando González

BREVE HISTORIA DE MARAÑAO TEATRO

Marañao Teatro naceu no ano 2005 da fusión de dúas agrupacións teatrais chamadas Teatro do Grilo e Os Garabatos. Na actualidade o grupo conta con 15 membros.

Na súa traxectoria ten producido e distribuido numerosas pezas teatrais, salientando: Romeo e Xulieta, de W. Shakespeare versionada e dirixida por Mónica Sueiro, Gañadora do premio A Vangarda (2005), O soño dunha noite de verán, de W. Shakespeare versionada e dirixida por Mónica Sueiro (2006), O achado do castro, de M. Nuñez Singala, dirixida por Fernando González (2007), Non, de Max Aub, dirixida por Esther Movilla (2008), Apértame, escrita e dirixida por Esther Movilla (2008), Cemiterio de automoveis, de Fernando Arrabal, dirixida por Tegra Carpentier (2009), Ópera Pánica (Cabaré tráxico), de Alejandro Jodorowsky, dirixida por Fernando González (2011), Coma y Punto de Vicente Auzillon, dirixida por Fernando González e Luis Pequeno (2011), entre outras. Por outra banda ralizaron numerosas obras destinadas ao público infantil: O pirata patalata, versión e direción de Marañao Teatro (2009), A verdadeira historia dous tres porquiños, versión e direción de Marañao Teatro (2010), Dora, filla do sol, versión e direción de Iago López (2010), entre outras.

13 de setembro de 2013 | 18:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.