publicidade hoxe

A comarca do Ulla-Umia xermina a creación de AERU, unha nova asociación de emigrantes retornados

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCaldas de ReisGalicia exteriorLocalLocal Portada
A-
A+

Despois de diversas reunións o pasado martes día 3 de setembro quedou constituída a Asociación de Emigrantes Retornados Ulla – Umia co fin de defender os intereses dos afectados no  que respecta as actuacións que está a levar a Axencia Tributaria en relación coas súas pensións como emigrantes.

A Xunta Directiva desta nova Asociación está formada por emigrantes retornados que representan a todos os concellos da comarca Ulla – Umia, sendo elixido, entre os presentes, como Presidente a Celso Domínguez Búa de Caldas de Reis e Vicepresidente a Urbano Fuentes de Cuntis. Como secretaria actuará Mercedes Álvarez de Caldas e como Tesoureira Ramona Barreiro de Pontecesures.

Poderán formar parte da Asociación toda persoa que sexa emigrante retornado así como os seus familiares.

Tamén na xuntanza de onte decidíronse as primeiras actividades a realizar nos vindeiros días. Así, solicitaránse entrevistas con todos os/as alcaldes/as da comarca e levaránse a cabo charlas informativas nos concellos para informar a todas as persoas afectadas das accións que deben tomar cando lle cheguen as notificacións de Facenda.

Todas aquelas persoas que queiran máis información poden poñerse en contacto con Celso Domínguez Búa no teléfono 687.560.008, no correo electrónico emigrantesgalegosullaumia@gmail.com. ou ben acudir a próxima asamblea que terá lugar no Auditorio Municipal do concello de Caldas de Reis o vindeiro luns 16 de setembro ás 20:00 horas

6 de setembro de 2013 | 13:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.