A COE ofreceu unha charla con expertos en Programación Neurolingüística para mellorar as habilidades persoais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOurense
A-
A+
Instante da charla

Instante da charla

Floriano Miñán, Cristina Pérez, Javier Gil e Ramón Fernández foron os encargados de explicar as ‘Claves invisibles da comunicación entre as persoas’. Procedentes de Thalentis e expertos na Programación Neurolingüística (PNL), os relatores comezaron a charla expoñendo que esta disciplina está considerada unha das maneiras máis efectivas para mellorar a comunicación, aumentar os recursos persoais e alcanzar obxectivos.

Nesta mesma descrición coincidiu o presidente da CEO, José Manuel Pérez Canal, na súa presentación, apuntando ademais que polas súas características a PNL “é útil para profesionais que desenvolvan procesos comunicativos, como avogados, directivos, empresarios, políticos, comerciais, psicólogos… xa que os seus métodos, técnicas e ferramentas están destinadas a ser aplicada no desenvolvemento de habilidades persoais”.

Ao longo da conferencia os relatores introduciron numerosas cuestións relacionadas con esta doutrina e aplicables ao mundo empresarial, por iso, remataron a exposición retando aos asistentes a que avaliasen o impacto económico e social que podería ter nas súas organizacións a aplicación das ferramentas aprendidas.

A PNL móstrase como unha chave que abre o cerebro; ao fío disto, os relatores introduciron na súa intervención esta tarde na CEO algunhas das ferramentas empregadas nesta disciplina como o rapport e os sistemas representacionales. Co primeiro, trátase de establecer sintonía con outras persoas, facilitando e xerando confianza e harmonía, ensinando como xerar rapport co interlocutor.

Os sistemas representacionales mostran como cada persoa realiza a representación do mundo a través dos estímulos sensoriais que chegan e como filtra, organiza, almacena e dá significado á información que chega; comprobando como estes filtros xeran limitacións na comunicación. Ao ser conscientes de como se recibe a información pódese aumentar a capacidade para comunicarse e relacionarse coas persoas.

Os relatores desenvolveron tamén como xestionar mellor as organizacións empregando ferramentas de PNL. Se o mellor e maior recurso dunha empresa ou organización son as persoas, dispoñer e desenvolver estas ferramentas para o desenvolvemento persoal e profesional fai que se poidan mellorar consecuentemente estas organizacións, a través do correcto desenvolvemento das persoas nelas.

Para iso, os expertos nesta doutrina concretaron e desenvolveron na súa charla algúns elementos sobre os que se pode actuar, como a atmosfera de colaboración, a resolución de conflitos internos, a detección de fortalezas, competencias e habilidades dos colaboradores, ou a xeración dun ambiente que alente a exploración e os patróns de éxito.

13 de setembro de 2013 | 10:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.