A cidade herculina acollerá a VI Travesía a Nado de Larga Distancia “A Coruña 10.000”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaDeportesLocal
A-
A+

O Concello da Coruña, a través do área de Deportes que dirixe Francisco Mourelo, informa de que a VIN Travesía a nado de Longa Distancia A Coruña 10.000 celébrase o vindeiro domingo, día 29 de setembro, cun gran éxito de participación.

Nesta edición, inscribíronse 99 persoas con idades comprendidas entre os 16 e os 65 anos. Trátase dunha proba que experimentou, ano tras ano, unha gran evolución no número de participantes desde 2008, cando se realizaron a travesía 26 persoas. Tamén destaca o incremento de persoas doutras provincias e ata doutras comunidades. En concreto, haberá 30 participantes coruñeses, 46 doutras provincias galegas e 23 do resto de España.

O interese por esta travesía cada vez é maior xa que conta cun percorrido de gran beleza ao redor da torre de Hércules, onde o mar e as condicións meteorolóxicas tan cambiantes fan que a proba destaque pola súa dificultade e espírito deportivo. ?Un ano máis a cidade vive este gran reto entre a natación, o adestramento e a orientación. A dureza deste proba é precisamente a gran beleza desta travesía. Non todo o mundo pode nadala, o gran desafio é terminala?, destacou Francisco Mourelo.

O sábado recibirase aos participantes e o domingo, día 29 de setembro, ás 09.30 horas, partirá o primeiro grupo desde a praia do Orzán. Na Travesía participarán máis de 41 embarcacións de apoio entre neumáticas, barcos e piragüas; 6 fisioterapeutas do Colexio de Fisioterapia; 2 médicos; e 121 voluntarios distribuídos en funcións de apoio en terra e mar. Ademais, máis de 20 asociacións e entidades apoian esta iniciativa.

26 de setembro de 2013 | 18:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.