A cidade de Ourense únese á Semana Europea da Mobilidade con diversas actividades de sensibilización

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaOurense
A-
A+

A cidade de Ourense súmase un ano máis á celebración da Semana Europea da Mobilidade, con diferentes actividades para nenos e adultos que se desenvolverán dende o vindeiro luns, 16, ata o sábado, 21 de setembro. Así, terán lugar actividades para escolares como charlas, obradoiros e xincanas de bicicletas nos centros educativos. Para tódolos públicos organizarase unha marcha en bici pola cidade, o xoves, 19, un bicipaseo patrimonial, unha ruta BTT e unha exposición de bicicletas antigas.

A Semana Europea plantexa unha reflexión sobre o aire que respiramos nas cidades. Co lema “Móvete por un aire máis limpo!”, convida aos cidadáns a reflexionar sobre o impacto que ten o transporte na calidade do aire urbano.

As actividades están organizadas polo Concello coa colaboración do Ministerio de Medio Ambiente, Urbanos de Ourense, xefatura provincial de Tráfico de Ourense, DGT, a Asociación de prevención de accidentes de trafico, Xeitura e Os biciclistas, coas seguintes propostas:

1. Actividades educativas en centros escolares:

– Charlas educativas

– Xincana de bicicletas e obradoiro “Aprende a arranxar a túa bici”. Esta actividade desenvolverase o xoves, 19, no colexio Os Rosais e requerirá cortar ao tráfico de 11:30 a 13:45 horas a rúa Nieves Conde, e o venres, 20, no colexio Vistahermosa e se pechará ao tráfico de 11:00 a 13:00 horas a rúa Bispo Lourenzo.

– Visita de escolares á estación de Urbanos de Ourense.

Luns, 16, ás10:00 e ás 11:30  Colexio Santo Ángel.

Mércores, 18, ás 10:00 e ás 11:30 Colexios de Vistahermosa e Os Rosais.

– Charla- debate a cargo de Angélica Ferro, delegada en Galicia da Asociación de prevención de accidentes de tráfico e os protagonistas do documental para dar a coñecer o proxecto “Entre paradas” do que son creadores e productores. Se proxectará un audiovisual documental coa realización do proxecto.

2. DÍA SEN COCHE: XOVES, 19 DE SETEMBRO

¡AO TRABALLO EN BICI! Marcha en bicicleta ás 20:00 horas, por diferentes rúas da cidade, con saída e remate na Praza Maior. Anímase a que os participantes asistan disfrazados de diferentes profesións.

3. SÁBADO, 21 DE SETEMBRO:

IV BICIPASEO PATRIMONIAL POR OURENSE. O día 21  de setembro ás 10:00 horas realizarase un paseo cultural en bicicleta por Ourense con paradas comentadas en ruta, enmarcado dentro da Foliada da Bicicleta como conmemoración da Semana da mobilidade e da festa de recreación histórica da Bela Auria.

RUTA BTT POLOS CASTROS DA CIDADE.

Tamén o día 21 de setembro en horario de 16:30 a 20:00 con saída e chegada do local Bilurico bike xunto á Ponte Vella.

EXPOSICIÓN DE BICICLETAS ANTIGAS. Dentro da celebración da Bela Auria. O día 21 de setembro no Xardín do Posío durante todo o día.

13 de setembro de 2013 | 16:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.