A CEO analiza nunha charla as alternativas de financiamento

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOurenseOurenseProvincias
A-
A+

Tras cinco anos de crise os mercados financeiros seguen pechados e persisten as restricións crediticias. Nesta situación, as empresas vense obrigadas a buscar todas as posibles alternativas financeiras ao crédito, para poder seguir financiando a súa actividade e, con iso, posibilitar a súa viabilidade, o desenvolvemento do seu crecemento ou un proxecto concreto.

A conferencia ‘Sen noticias do crédito, hai algunha alternativa máis? ‘ revisará e debaterá a idoneidade dalgunhas das alternativas financeiras dispoñibles, tratarase de dar resposta a preguntas como Por que as empresas teñen dificultades para acceder ao crédito?, Que posibilidades de financiamento alternativo hai?, Hai un equilibrio entre necesidades e recursos financeiros?

Acto: Conferencia ‘Sen noticias do crédito, hai algunha alternativa máis? ‘

Data: xoves, 19 de setembro de 2013

Hora: 19 horas

Lugar: Confederación Empresarial de Ourense

Relator: Carlota Sánchez Puga – Licenciada en Dereito e Ciencias Empresariais pola Universidade Pontificia de Comiñas e MBA pola Escola de Negocios Caixanova. Profesora da Área de Contabilidade e Finanzas da Escola de Negocios Novacaixagalicia

17 de setembro de 2013 | 16:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.