A CCA Carballo comeza o seu casting de modelos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarballoLocal
A-
A+

Mañá xoves, día 5 de setembro, terá lugar o casting convocado polo CCA Carballo. A actividade terá lugar na rúa Coruña, ás 18:00 horas.

No caso de que a climatoloxía non permitise celebralo na rúa trasladaríase ao andar superior do mercado municipal.

Os/as aspirantes a modelo desfilarán pola alfombra vermella para mostrar ao xurado o seu arte e desenfado, aspectos máis valorados na posterior pasarela que se celebrará o día 28 de setembro.

De entre as 373 persoas inscritas aproximadamente o 60 % ten menos de 15 anos e un 2% máis de 50. Os/as de menor idade teñen 3 anos (mínima para participar) e a maior 74.

Se facemos unha comparativa con anteriores edicións mantense a tónica aínda que nesta edición se inscribiron máis homes que en ningunha delas.

4 de setembro de 2013 | 18:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.