A carreira popular “Coruña 10” celebrarase o 6 de outubro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaDeportesLocal
A-
A+
Presentación de C10

Presentación de C10

O concelleiro de Deportes, Francisco Mourelo, presentou esta mañá a VII edición da proba Coruña 10, que se integra por primeira vez dentro do I Circuíto Provincial de Carreiras Populares que impulsa a Deputación Provincial da Coruña e que se celebrará o domingo 6 de outubro a partir das 11.00 horas con saída no Cantón Grande. A carreira consolidouse como un referente do calendario do atletismo nacional. Á presentación tamén asistiron Mariel Padín, vicepresidente da Deputación Provincial da Coruña, Pati Blanco e María Sande, en representación Del corte Inglés e Coca-Cola, respectivamente.

O responsable de Deportes anunciou que nesta nova edición se espera bater a cifra de inscritos do pasado ano, na que participaron 3.067 corredores: Dende que comezou en 2007, a proba conta cada vez con máis participantes, xa que se logrou multiplicar por 10 o número de inscritos con respecto á primeira edición, asegurou Mourelo e engadiu: “Non só impórtanos a cantidade, senón a calidade. Por iso estamos a realizar un grande esforzo para que se repitan e melloren os resultados da enquisa de satisfacción de 2012, onde se destacou a organización da carreira,”. Neste sentido subliñou a mellora das distintas áreas organizativas, ademais da elevada capacidade de convocatoria.

O circuíto, “homologado pola Federación Española de Atletismo e que polo seu trazado practicamente plano é propicio para grandes marcas”, segundo destacou o concelleiro, discorre pola zona centro da cidade, saíndo de Cantón Grande e pasando por La Marina, Porta Real, Parrote, Paseo Marítimo ata praza de Portugal, Paseo de Rolda, Las Esclavas e Casa da Auga, onde se dá a volta por Manuel Murguía, praza de Portugal, Rubine, praza de Pontevedra, San Andrés, Santa Catalina, Cantón Grande, Porta Real e volta ata o Cantón Grande. En total suma 10.000 metros

Os primeiros 8 clasificados da proba absoluta, tanto nas categorías masculina como feminina, recibirán premios en metálico de entre 800 e 150 euros. Aos tres primeiros tamén se lles entregará un trofeo. Ademais os primeiros catro galegos en chegar a meta recibirán entre 400 e 100 euros.
A maiores, esta edición, entregará un premio especial récord da proba. Deste modo o atleta que realice a proba en menos de 28 minutos 09 segundos (se é home) ou 31 minutos 40 segundos (se é muller), obterá un premio de 1.000 euros.

Mourelo explicou que se establecen un total de 7 categorías: júnior (nacidos en 1994 e 1995); promesa (nacida en 1991, 1992 e 1993); sénior (nacidos dende 1990 ata veteranos); veteranos 1 (de 35 a 40 anos cumpridos ata o día da proba); veteranos 2 (de 41 a 49 anos cumpridos ata o día da proba); veteranos 3 (de 50 a 59 anos cumpridos ata o día da proba) e veteranos 4 (a partir de 60 anos de idade). Ademais, celebraranse, tamén carreiras de menores:

– 12.30 horas. Proba de 4.000 metros para as categorías infantil (nacidos no 2000/2001), cadete (1998/1999) e xuvenil (nacidos en 1996/1997)

– 13.00 horas. Percorrido de 1.200 metros para as categorías benxamín (nacidos no 2004/2005) e cría (nacidos no 2002/20003)

– 13.15 horas. Carreira de 150 metros para os ‘pitufos’ (nacidos a partir de 2006)

Os interesados en participar poden realizar a súa inscrición ata o próximo 1 de outubro na web da Federación Galega de Atletismo ou, dende o próximo luns 23 de setembro, nos centros Del corte Inglés, tanto en Ramón e Cajal coma en Marineda City. Os participantes, poderán recoller os seus números o sábado 5 de outubro en horario de 10.00 a 21.30 horas nel corte inglés de ramón e Cajal. Mourelo finalizou facendo un chamamento a todos os cidadáns para que se sumen a esta carreira que hai que completar en menos dunha hora e que é unha nova aposta da Concellaría de Deportes por fomentar a práctica deportiva e unha vida saudable: “Xa sexa como participante ou como espectador, é unha ocasión perfecta para gozar da cidade”, finalizou.

17 de setembro de 2013 | 17:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.