A carpa informativa “Xplora Xuventude” recibe en Ponte Caldelas a visita de máis de 300 alumnos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonte CaldelasXuventude
A-
A+
Estudantes na carpa Xplora Xuventude

Estudantes na carpa Xplora Xuventude

O alcalde de Ponte Caldelas, Perfecto Rodríguez, e o concelleiro de Xuventude, Ricardo Castro, visitaron a carpa informativa “Xplora Xuventude”, instalada pola Consellería de Traballo e Benestar de la Xunta de Galicia no Instituto de Ponte Caldelas e á que asistiron máis de 300 alumnos do centro.

O obxectivo desta iniciativa é proporcionar información e asesoramento aos mozos do municipio dos diferentes recursos que teñen ao seu alcance.

Así, tanto o alcalde coma o edil de Xuventude informaron os mozos da existencia dunha Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) que realizar labores de asesoramento e cursos aos que poden asistir calquera mozo do municipio que estea interesado.

Na carpa instalada no Instituto de Ponte Caldelas, os mozos que se achegaron ata alí puideron acceder a diversos contidos de interese, e contaron co asesoramento e información de técnicos da rede galega de dinamización xuvenil.

O departamento autonómico promove esta campaña co fin de achegar aos mozos os programas e recursos deseñados e destinados a eles co fin de que saquen destes o maior aproveitamento posible. Co obxectivo de chegar ao máximo público posible, a iniciativa aproveita a concentración de mozos, como neste caso, un centro escolar.

Estas carpas tamén foron empregadas como un espazo para que grupos de mozos, así como entidades xuvenís, puidesen mostrar as súas actividades e propostas, a xeito dun escaparate do talento xuvenil.

Esta iniciativa rematou en Ponte Caldelas tras percorrer un total de 40 concellos galegos co obxectivo de difundir os distintos recursos dirixidos á xuventude.

30 de setembro de 2013 | 16:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.